Torrefactora · Cangas do Morrazo

Café tostado a pé de ría, cada martes.

Compramos directamente a pequenos produtores, tostamos en lotes de 12 kg e enviámolo á túa casa en menos de 48 horas. Sen almacéns, sen café vello.

Tostado desta semana

Guji Hambela

Etiopía · Lavado · 2.100 m


Bergamota Pexego Mel de flores

250 g · tostado o 29·09

14,50 €

48 h

do tostador á túa porta

12

orixes distintas ao longo do ano

100 %

comercio directo, sen intermediarios

Os nosos cafés

Tres orixes, tres maneiras de empezar o día.

Filtro

Guji Hambela

Etiopía. Floral e luminoso, con notas de bergamota e pexego. Para V60 ou Chemex.

14,50 €

Engadir
Todo uso

Huila La Plata

Colombia. Equilibrado e doce: panela, laranxa e cacao. Funciona igual en italiana que en filtro.

12,90 €

Engadir
Espresso

Mogiana Doce

Brasil. Corpo denso, chocolate negro e abelaira tostada. O noso espresso da casa.

11,50 €

Engadir

Como tostamos

Pouco, a miúdo e á vista.

01

Escoller

Catamos máis de 40 mostras por colleita e quedámonos só coas que nos sorprenden. Pagamos por riba do prezo xusto.

02

Tostar

Cada martes, en lotes pequenos, cun perfil pensado para cada gran. Rexistramos cada tostado para repetilo igual.

03

Enviar

Envasamos en bolsas con válvula e saímos á oficina de correos o mesmo día. Chega a casa en plena forma.

Subscrición

Non te quedes nunca sen café.

Cada 15 días mándamosche unha orixe distinta, recién tostada. Pausas ou cancelas cando queiras, sen permanencia.

22 €

cada envío · 2 × 250 g · envío incluído

Quero subscribirme

Primeiro envío con 20 % de desconto.