Casa labrega tradicional con fachada de pedra vista, hórreo de pedra e madeira e un alpendre cuberto por unha parra que dá sombra no verán.
Tres dormitorios, dous baños, cociña-comedor e un baixo de adega. O conxunto complétase cunha pequena horta e un galpón para ferramentas.
Casa habitada ata hai pouco e en bo estado de conservación.