Casa de pedra e lousa típica do Courel, nunha aldea tranquila rodeada de soutos e bosque autóctono.
Necesita rehabilitación integral: a estrutura de muros está en bo estado pero hai que refacer cuberta e interiores. Xa existe un anteproxecto para dúas vivendas de turismo rural.
Acceso por pista asfaltada ata a entrada da aldea. Auga de traída veciñal e luz na casa.