Antiga casa reitoral de mediados do século XIX, construída en cachotaría con esquinais de cantaría. Conserva a volumetría orixinal, as fiestras con marco de pedra e o muro de peche da finca.
Precisa rehabilitación completa. A súa superficie e o terreo arredor (3.000 m²) fana ideal para unha casa de turismo rural ou un pequeno hotel.
A 15 minutos do centro de Santiago.